Entre o mar e as montañas

O noso proxecto en colaboración con dúas clases do CEIP Plurilingüe de Ribadavia “Entre o mar e as montañas” comezou ben!
Cada semana preparamos actividades con Mafalda, a nosa voluntaria local e creadora do proxecto, e visitamos o colexio os xoves. O proxecto é unha colaboración coa nosa escola asociada en Afurada, Portugal: a través do intercambio de cartas, videochamadas e, con sorte, unha visita, a infancia participante coñecerá a cultura dos outros.
As sesións semanais céntranse na temática do Turismo, dando como resultado unha guía turística de Ribadavia e Afurada a finais de ano e adaptada a estas idades coas que estamos a traballar ✨