Grundtvig

561823_375897575818049_1638405789_n

Bos dias

Chámome Manuel Araujo Montero e son o Coordinador dun proxecto Grundtvig denominado “PartART”, que se levará a cabo  desde este mes de agosto de 2012  até xuño de 2014. Estarei traballando para este proxecto na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Ribadavia (Porta Nova de abaixo nº9 , Ribadavia).

Este proxecto consta de varias acción locais e 4 accións Internacionais que se levarán a cabo ao longo das datas anteriormente sinaladas.

O primeiro dos encontros internacionais levarase a cabo desde o dia 27 de setembro ao 30 de setembro en Eslovenoia e buscamos unha/un participante que queira non só colaborar neste primeiro encontro Internacional , senón que tamén participe de todo o proxecto durante o periodo que vai desde agosto de 2012 a xuño de 2014.

Tódolos interesados en coñecer mais sobre o proxecto, participar das súas mobilidades internacionais e das súas accións locais podedes escribir un correo cos vosos datos persoais a omix_ribadavia@yahoo.com cos vosos nomes e apelidos, o voso DNI, correo electrónico, número de teléfono e data de nacemento antes do dia 30 de agosto de 2012. Os voluntarios que participen do proxecto terán prioridade segundo riguroso orde de inscripción e valoraranse aspectos como ser de Ribadavia ou da Comarca do Ribeiro, o coñecemento da lingua inglesa e o ter estudios relacionados coa Educación Social, o Traballo Social ou Pedagoxía.

Podedes ver mais información sobre o proxecto en adxuntos e un pequeno resume do mesmo no seguinte prágrafo:

OMIX Ribadavia, Pink Sweater (Holanda) e a organización Pina (Eslovenia) utilizamos o ” social-changing multimedia” como punto de partida dos procesos que requiren a colaboración, a división de tarefas, a axuda mutua, a búsqueda de compromisos e a aplicación das ideas. O método é moi utilizado, despois de telo pstoo en práctica en  centros socias i escolas, e utilizase moito con mozas e mozos desempregados, presos e alumnos con necesidades especiais.

A motivación deste proxecto basease no obxetivo común de tódolos socios do proxecto: crear cidadáns activos que posuan a capacidade de participar na loita por cambios sociais, para crear unha solidaridade activa, para colaborar en debates e debatir os seus puntos de vista. Queremos que os cidadás sexan mais que meros espectadores das accións de quenes toman as decisións, ainda cando estas accións sexan as correctas; queremos que os cidadáns den as súas opinións, debatir cuestións e ofrecer argumentos en contra, porque queremos que compartan a responsabilidade do que fan os que toman as decisións.

saúdos e grazas pola vosa atención

Manuel A.M (Coordinador do proxecto Grundtvig ” PartART”)

557770_375897519151388_992690377_n

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s