PROXECTArte – obradoiros creativos para a mocidade

g836

Obradoiros e intervencións artísticas en lingua galega, que teñen como fin incentivar a creatividade da mocidade como ferramenta de emprendemento e desenvolvemento cultural, achegándoos, ao mesmo tempo, ao patrimonio histórico local.

A través dunha serie de actividades, convidaremos a que novas artistas galegas se asenten en Ribadavia durante unha semana e establezan contacto coa mocidade local da zona mediante a realización dunha serie de obradoiros de carácter aberto, cos que achegarán as súas experiencias e procesos creativos á xuventude da comarca.

Os obradoiros irán evolucionando dende unha aprendizaxe teórica básica ata a creación dunha intervención artística colectiva tomando como escenario diferentes espazos de Ribadavia, especialmente o conxunto histórico formado polo Barrio Xudeo e o Castelo medieval do século XI. Buscamos así que por medio da utilización do espazo local como escenario creativo, coñezan mellor os diferentes aspectos artísticos, culturais e históricos do mesmo.

Ademais, tamén queremos fomentar a creación dun tecido cultural activo da zona convidando a diferentes entidades locais, relacionadas coa creación e o deseño, a colaborar nestes obradoiros, fomentando a sinerxia entre mocidade e emprendedoras da zona. StudioArte e AeB Comunicación son algúns destes exemplos locais, cos que resaltaremos tamén, a través dunha serie de actividades, o valor do emprendemento feminino, xa que todas as iniciativas nomeadas están levadas a cabo por mulleres novas da comarca.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES

|2 de setembro|

Mesa redonda “Emprendedoras: a creatividade como primeira opción”

Entrada libre Entrada libre ata completar aforo previa inscrición no mail omix.ribadavia@gmail.com | Ás 20:00h | Casa da Xuventude de Ribadavia (Porta Nova de Abaixo nº9, Ribadavia)

  • Interveñen: AeB Comunicación, Iria Fafián, Rocío de Estudioarte e Doa Oa.

  • Mesa redonda na que participan as artistas que van levar a cabo os obradoiros e as mulleres locais que rexentan diferentes proxectos creativos na comarca. Cada relatora falará da súa experiencia persoal e laboral como emprendedora e, no caso das relatoras locais, tamén se fará fincapé en porqué decidiron apostar pola comarca para desenvolver o seu traballo creativo.

  • Ás 20:00h na oficina da Omix. Entrada libre.

|Do 3 ao 6 de setembro|

Obradoiro de decorado escenográfico con Iria Fafián

Entrada libre ata completar aforo previa inscrición no mail omix.ribadavia@gmail.com

A partir de 14 anos | 10 plazas | Estudioarte (Oliveira, 2 Entlo. – 32400 – Ribadavia (Ourense))

10:00 a 14:00 horas

slika1ž

A proposta ten como finalidade a experimentación con elementos tridimensionais para a creación dunha escenografía pensada para decorar un escenario musical ou teatral. Para iso basearémonos no imaxinario da artista Iria Fafán, en concreto nas pezas ‘Growing up’, unhas caixas de luz creadas en 2017. O interesante destas pezas son os xogos de luz e sombras creados polas dierentes texturas do papel nos distintos planos de profundidade.

O espazo final de intervención será o Auditorio do Castelo, tendo en conta a distribución dos elementos no espazo e a forma na que estes interactúan entre sí e cos músicos/actores en escea, xerando sensación de profundidade e o xogando coas luces e a proxección das sombras.

|Do 3 ao 6 de setembro|

Obradoiro de intervención artística como mellora dos espazos públicos (muralismo) con Doa Oa. A partir de 14 anos | 10 plazas

Entrada libre ata completar aforo previa inscrición no mail omix.ribadavia@gmail.com

Rúa Porta Nova de Arriba, 28, 32400 Ribadavia

De 18:00 a 20:00

slika2

O obradoiro vai consistir nunha intervención mural permanente ou efímera dun dos espazos do casco histórico de Ribadavia. A proposta ten como finalidade coñecer o proceso de creación dun mural, tendo en conta tamén a finalidade ou o motivo polo que se fai. Neste caso será a filosofia sostible e de reforestación ecolóxica que plantea Doa Oa nos seus traballos murais, invadindo espazos urbanos e rurais con especies vexetais autóctonas e silvestres que corren perigro de ser erradicadas. Ademais, tamén coñeceremos de primeira man as diferencias entre as pinturas a usar e que procesos son máis ecolóxicos á hora de intervir un espazo público.

|Do 2 ao 30 de setembro|

Exposición fotográfica na Casa da Xuventude de Ribadavia ( Porta Nova de Abaixo nº9, Ribadavia)

Horario de 10:00 a 13:30 horas

RIBADAVIA a través dos meus ollos”

Quen coñece unha cidade natal mellor que os locais? Coñecen cada lugar secreto que lles representa un fogar. E cada un deles ten algúns recordos especiais de lugares, cousas, momentos que viviron a través deles. Por que non compartir algúns segredos co resto da xente e axudalos a ver un lugar especial desde unha perspectiva diferente? Desde a túa perspectiva.

A actividade forma parte do concuros “ Ribadavia a través dos meus ollos”

https://omixribadavia.wordpress.com/2019/08/05/ribadavia-a-traves-dos-meus-ollos/

surface22326

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out /  Change )

Google photo

You are commenting using your Google account. Log Out /  Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out /  Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out /  Change )

Connecting to %s