Concurso de Fotografía con motivo do Día da Muller Traballadora

A Concellería de Benestar xunto coa Omix de Ribadavia e en colaboración coa Asociación de Establecementos Asociados do Ribeiro e a Asociación de Fotógrafos do Ribeiro, con motivo do Día da Muller Traballadora, organiza un concurso de fotografía.

– Para participar:

  • Tes que facernos chegar fotos de mulleres da nosa comarca
  • A temática está relacionada coas mulleres do noso concello.
  • Poden participar todas aquelas persoas que o desexen e que non sexan fotógrafos profisionais.
  • Poden presentarse fotografías feitas co teléfono móbil ou cámaras e permítense todo tipo de retoques e filtros, con un máximo de 3 fotos por participante.
  • Podes enviar as túas fotos xunto co nome, apelidos, teléfono, título da fotografía,  aos seguintes enderezos:

benestar@ribadavia.es

omix.ribadavia@gmail.com

– Prazo de participación é ata o día 7 de marzo ás 15h.

– Os premios:

  1. Primeiro premio:  xantar nun restaurante da nosa vila,
  2. Segundo premio:  circuito termal nas termas de Prexigueiro
  3. Terceiro premio:  estuche de viño da D.O Ribeiro.
  • O xurado estará formado por un membro da Asociación de  Establecementos Asociados de Ribadavia, un membro da Asociación de Fotógrafos do Ribeiro, o técnico da OMIX de Ribadavia e as Concelleiras de Benestar e Xuventude do Concello de Ribadavia.
  • A valoración da deliberación por parte do xurado terá en conta os seguintes puntos:
  1. Sensibilidade dende o punto de vista do fotógrafo.
  2. Orixinalidade e creatividade.
  • A puntuación irá  de 1-5 puntos, sendo 1 nada, 2 pouco, 3 bastante, 4 moito , 5 moitísimo
  • As que consigan mellor puntuación serán as premiadas, non podendo acumular premios o mesmo participante
  • As persoas participantes autorizan no momento de participar,  a publicación e difusión das fotografías, ben sexa dependencias do Concello, redes sociais oficiais pertencentes ao Concello de Ribadavia e locais de exposición propostos pola Asociación de  Establecementos Asociados do Ribeiro.
  • As fotografías participantes quedarán en propiedade da Área de Igualdade do Concello de Ribadavia, para exposición pública.

 

dia-da-muller

 

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s