Exposición Fotográfica en Ribadavia pertencente o Circuito de “Outono Fotográfico”

A inaguración terá lugar as 13:00 horas Na Casa da Xuventude de Ribadavia (Porta Nova de Abaixo nº9)

Todos e todas estades invitados a participar nesta inaguración na que nos gustaría que nos acompañásedes.

Información sobre a exposición:
Borde, centro, eixe, periferia… Realidade crúa, soño, camiño de luz e de sombras… Composición, idea, concepto, arte, protesta, pensamento sentado na curva, o importante na esquina, escorado e mudo… Conflicto, burato e ausencia… Abandono, contraste, silencio… xente sen rostro, sen voz, sen mirada… as enrugas da vida marcadas na cara a na man unha bolsa de plastico… Persoas que non miran porque a vida lles manca na alma, e noutras que ás veces miran para berrar pedindo pan ou xustiza… Teñen debaixo dos pés un camiño estreito e duro, borroso, destartelado e triste… para percorrer coa maleta rota e valeira… E arredor sempre bailando no aire unha raia negra, un burato, un non sei, un saco de medos… Todo isto e moito máis é o que latexa, brinca e berra nas imaxes desta exposición colectiva da Asociación O POTIÑOS.

Exporase a obra “Entroido Ribeirao: Santiago de Arriba-Chantada”

Autores:

Emilio Romanos, Esther Mosquera, Isabel Janeiro, José Manuel Novoa, José Emilio Gómez, Juan Rúa, Luisa Lorenzo, Marga P.Diaz, Paz Celga, Victor Manuel Fernández

Data: 5 de novembro ao 30 de Novembro de 2014
Horario de apertura da Exposición :

De lúns a venres de 9:00 a 14:30 e os xoves de 17:00 a 21:00 h na Casa da Xuventude de Ribadavia

logo Ayuntamiento Erasmusx_vect_color cons_tra_ben-bn logo_omix

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s