FEIRA DO VIÑO DO RIBEIRO CONVOCA O CONCURSO DE CARTEIS PARA ILUSTRAR DITA CELEBRACIÓN

RIBEIRO  O Consello Regulador colabora co Concello de Ribadavia na organización da Feira do Viño do Ribeiro. Como primeira actividade desta edición, convócase o Concurso de Carteis que ilustrará a 52ª edición desta cita, declarada de interese turístico.
A convocatoria do concurso fíxose pública onte, xoves 5 de febreiro, estando dirixida a creativos e artistas de calquera nacionalidade, que deberán presentar obras inéditas orientadas á exaltación do viño do Ribeiro.
O prazo para presentar os orixinais (en formato dixital) remata o vindeiro 23 de febreiro, estando previsto o fallo do xurado e presentación da obra gañadora para o día 26 de febreiro. Concederase un único premio de 1.500€ ao cartel gañador que outorgará o xurado. Este xurado estará composto por profesionais do mundo da arte e do deseño, estando ademais representados os organizadores: o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e o Concello de Ribadavia.

Todas as obras seleccionadas nunha primeira rolda polo xurado formarán parte dunha mostra que se inaugurará en Ribadavia coincidindo coas datas de celebración da feira.

As bases do concurso poden ser consultadas na web http://www.ribeiro.es.

Bases concurso carteles 52 Feira do Viño (Cast)

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s