Exposición do material empregado na curtametraxe de animación “Cerdos no son Caballos”

IMG_20120515_003859

Ata o 15 de abril na Casa da Xuventude de Ribadavia (Porta nova de abaixo nº 9), en horario de 10:00 a 14:30 da maña de luns a venres e pola tarde tamén os luns de 19:30 a 20:30 e o mércores de 20:00 a 21:00, estará aberta ao público a exposición do material empregado na curtametraxe de animación “Cerdos no son Caballos” acompañada pola proxección da curtametraxe e o seu “making of”.

Que é o Proxecto “Cerdos no Son Caballos”?

O proxecto “Cerdos no son Caballos” é unha iniciativa europea que consiste na produción dunha curtametraxe de animación que versa sobre o gran peso que os Dereitos Humanos posúen para conseguir unha educación cultural óptima na nosa sociedade.

Iniciativa do programa “Juventude en Acción”:

Así foi como comezamos o noso proxecto. Todo se iniciou cunha conversa na que afloraron as nosas inquedanzas.Tiñamos unha idea clara para crear unha historia. Nese momento, decidimos empregar os nosos folgos para afrontar unha iniciativa xuvenil do programa “Juventud en Acción” dentro do marco da U.E. coordinada pola O.M.I.X. de Ribadavia. De este xeito, a idea se converteuse nun ambicioso Proxecto.

Prólogo:

“Cuando anunció los ataques aéreos, el Presidente George Bush afirmó: Somos una nación pacífica. El embajador de los Estados Unidos, Tony Blair (que también ostenta el cargo de primer ministro de la Gran Bretaña), se hizo eco de sus palabras: Somos un pueblo pacífico.

Ahora ya lo sabemos. Los cerdos son caballos. Las chicas son chicos. La guerra es paz.
Cuando habló en la sede central del FBI, unos días más tarde, el presidente Bush dijo: Esa es nuestra vocación.

Esa es la vocación de los Estados Unidos de América, la nación más libre del mundo, una nación que se ha construído sobre los principios fundamentales de rechazo del odio, rechazo de la violencia, rechazo de los asesinos y rechazo del mal. No vamos a flaquear en nuestro empeño.

Desde luego, la nación más libre del mundo no flaquea en su empeño. Pero ¿Cuáles son esas libertades que defiende?”

(Arundhati Roy, 2002,49)

Este foi o punto de inspiración do noso proxecto.

Explicación “Cerdos no son Caballos”:

A curtametraxe “Cerdos no son caballos” anima á introspección, algo buscado dende o comezo. O cinema non só debe ser un divertimento, debe ser tamén unha ferramenta de aprendizaxe que debe servir como elemento de transmisión de valores coma a tolerancia, o respecto,… Debe levar á reflexión e á comprensión de certos conflitos presentes na actualidade.

Con esta historia tratamos de que as persoas non queden indiferentes e se pregunten que pasa e porque. Unha reflexión individual que pode ser positiva para persoas que a cotío non se cuestionan certas problemáticas. A nosa intención última é a de non respostar a nada en concreto, senón que a xente comece a facerse preguntas.

Podedes atopar máis información en:

Blog:

http://cerdosnosoncaballos.blogspot.com.es/

Making of:

https://vimeo.com/61173790

Consideramos moi importante a participación de todos vostedes na nosa presentación para que se produza a mellor difusión deste evento, e agradecémoslle de antemán a súa colaboración.

Para máis información non dubiden en contactarnos:

Carlos González Conde: 686386101/ condemovich@hotmail.com
Arturo Gulín Fernández: 637 934114/ argulin@hotmail.com

cerdos

Advertisements

Leave a Reply

Fill in your details below or click an icon to log in:

WordPress.com Logo

You are commenting using your WordPress.com account. Log Out / Change )

Twitter picture

You are commenting using your Twitter account. Log Out / Change )

Facebook photo

You are commenting using your Facebook account. Log Out / Change )

Google+ photo

You are commenting using your Google+ account. Log Out / Change )

Connecting to %s